Saturday 18 de May de 2024

A Deputación da Coruña reparará as beirarrúas de Landín Carrasco en Cariño


O proxecto renovará o espazo para peóns ao longo de 235 metros

A Deputación da Coruña destinará 49.977,14 euros ao Concello de Cariño para a rehabilitación de beirarrúas na rúa Landín Carrasco.

Debido á antigüidade do viario o estado das plaquetas que conforman as beirarrúas desta estrada están en mal estado polo que está previsto construír unhas novas, á vez que se reordenará lixeiramente a rúa para conseguir unha maior seguridade e comodidade para os veciños e veciñas.

O tramo sobre o que se actuará alcanza os 235 metros. A ambos lados haberá beirarrúas de 1,5 metros de ancho, mentres que o espazo para aparcamento será de dous metros, tamén a ambas marxes. A calzada con dous carrís suma cinco metros.

O 100% do custo das obras será asumido pola institución provincial.